Escoitar

A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 aproba apoios por 11.283 euros

A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 resolveu favorablemente a concesión de 41 apoios por valor de 11.283 euros.

mércores, 14 xan 2026

Abel Caballero destacou que entre os apoios máis significativos atópanse 19 para alimentación por 6.215 euros, así como os 11 para alugueiro por 4.152 euros.

O rexedor indicou que os apoios municipais “significan evitar ducias de desafiuzamentos” e que no Concello de Vigo “estamos continuamente, sempre que é posible, asignando cantidades por carencias económicas a tantas familias”, e que “nosotros estamos moi atentos a que ninguén sexa desafiuzados por razóns económicas”.

Descargar todas as imaxes