O Concello organiza novos “Bailes en Vigo” entre xaneiro e marzo
O alcalde informou este martes da apertura este sábado 17 de xaneiro dun novo ciclo de bailes, abertos a toda a cidadanía e completamente gratuítos, que se van celebrar en diferentes asociacións da cidade.
O Goberno municipal pon en marcha este sábado, 17 de xaneiro, o segundo ciclo dos “Bailes en Vigo”, o programa de lecer incluído en “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”.
Abel Caballero explicou que “pode entrar todo o mundo, sexa ou non da asociación”, xa que os bailes van organizándose en diferentes espazos veciñais para poder “chegar a toda a cidade”.
Programación de xaneiro a marzo:
- Sábado 17 de xaneiro: CRAC de Coruxo
- Sábado 31 xaneiro: Asociación de Veciños de Candeán
- Sábado 14 de febreiro: Asociación Veciñal Santa Mariña de Cabral
- Sábado 28 de febreiro: Asociación Veciños Monte da Mina Castrelos
- Sábado 14 de marzo: Asociación Cultural Helios de Bembrive
Os bailes celébranse entre as 19:00 horas e as 22:00 horas e a entrada é gratuíta.