Escoitar

O programa de Coidadores de Barrio realizou 15.385 acompañamentos en 2025

O alcalde informou este luns sobre este servizo que o Concello presta en toda a cidade: “un éxito extraordinario que seguiremos mantendo”.

luns, 12 xan 2026

Os coidadores de barrio son “persoas que se dedican a atender á xente que o precisa” explicou Caballero sobre o funcionamento do programa municipal que atendeu no mes de decembro a 298 persoas: 250 mulleres 48 homes.

Entre os servizos realizados o último mes de 2025 están a xestións de trámites que precisan as persoas usuarias e os acompañamentos, que sumaron un total de 15.385 durante o ano pasado.

Tal e como apuntou o rexedor, a maior parte das persoas usuarias están no Calvario, seguido de As Travesas, Bouzas, Casco Vello e Teis pero o servizo préstase en toda a cidade.

Cun presuposto de 610.000 euros, conta con 30 traballadoras, sendo tamén un programa de inserción laboral, do que se benefician fundamentalmente mulleres. “É un éxito extraordinario que seguiremos mantendo e que so ten a cidade de Vigo”.

Descargar todas as imaxes