Escoitar

Vigo despide o Nadal cunha mensaxe de paz

O alcalde fixo resumo este luns dos case dous meses de celebración do Nadal na cidade “o máis importante que houbo nunca” facendo un balance positivo en visitas, actividade hoteleira, de restauración e de comercio.

luns, 12 xan 2026
Acto de apagado da iluminación de Nadal
Acto de apagado da iluminación de Nadal

“O Nadal foi o máis importante que houbo nunca na cidade”, sinalou Abel Caballero, ao facer balance da celebración que durante case dous meses produciu un “cheo total nos hoteis, un tirón importantísimo nos restaurantes, cafeterías, un tirón na demanda de tantos lugares e unha afluencia moi importante ao comercio porque nos visitaron millóns de persoas”.

“O Nadal repercute en toda a cidade e temos xa un nivel de turismo español. Todo financiado por Vigo”, explicou ao detallar que durante o período de Nadal “funcionou moi ben o tráfico, melloramos nas incomodidades”, sendo un factor clave a “expansión da celebración por toda a cidade, ata Vialia e Bouzas. O próximo ano, máis e mellor”, avanzou.

Referiuse o rexedor ao dato rexistrado de ocupación hoteleira deste pasado sábado, que acadou ao 50%, e a repercusión que tiveron estas festas na creación de “miles e miles de empregos. E iso son ingresos para a cidade que repercuten na cidade”:

Durante o acto de apagado da iluminación, celebrado este pasado domingo na Porta do Sol, o alcalde valorou os millóns de visitas que tivo a cidade. “Alegrámonos da súa visita, da súa compañía e da súa amizade porque o Nadal de Vigo é cercanía, paz, solidariedade e amizade. É un valor, unha cultura, una forma de sentirnos xuntos e se nalgún momento o Nadal é necesario é agora. Queremos lanzar a mensaxe da paz, da fe, da amizade e dos mellores valores humanos”. Ademais agradeceu a todo o persoal que o Nadal siga sendo o mellor do planeta.

Descargar todas as imaxes