O alcalde reclama á Xunta o arranxo urxente dos problemas na atención sanitaria de Vigo
Abel Caballero reclamou hoxe á Xunta que solucione as deficiencias detectadas na sanidade de Vigo, con longas esperas en Atención Primaria que determinan aos pacientes a recorrer ao servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro.
“A Xunta non dá sinais de atender a este problema de atención sanitaria tan grave que non é de coxuntura senón que vén arrastrando de anos”, afirmou hoxe o alcalde.
Caballero afirma que o presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade non atenden aos problemas de Vigo.
O rexedor lembrou que o anuncio da apertura do novo centro de saúde Olmplia Valencia conleva o peche doutros dous, o Nicolás Peña e o da rúa López Mora, ademais de concentrar a atención pediátrica de catro ambulatorios sen aumentar a dotación de persoal. “Anuncios por todas partes pero pechan dous”, recalcou.
Caballero apuntou os problemas derivados da existencia dun único punto de atención continuada e dunhas listas de espera cirúrxica con máis de 11.402 pacientes esperando a ser atendidos, segundo a información pública da Xunta. “A espera vaise encima dos 70 días e a Xunta sen querer entender e atender a Vigo”, afirmou.