venres, 27 ago 2004
Os actos de homenaxe ao poeta, propostos pola Xunta de Voceiros Municipais na súa sesión do 24 de xuño e aprobados polo Pleno da Corporación, darán comezo o vindeiro martes 31 de agosto.
martes, 17 ago 2004
Entre o martes 10 e o xoves 12 de agosto o museo municipal de Vigo rexistrou 842 visitas, o que pon de manifesto o reclamo turístico de Castrelos para os visitantes foráneos.
venres, 23 xul 2004
As actividades realizadas polo Museo Municipal de Vigo no 2004, fixeron posible incrementar en 3.000 o número de visitantes respecto ao ano pasado. Unha cifra que supón preto das 13.000 visitas nos meses de xaneiro a xullo.
mércores, 14 xul 2004
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentaba esta mañá a exposición do pontevedrés Jorge Castillo, que poderá ser visitada dende o venres ata o 12 de setembro na planta baixa da Casa das Artes de Vigo.
mércores, 14 xul 2004
O concelleiro de cultura, Ignacio López Chaves, inaugurará a mostra do arquitecto esta tarde ás 20.30 horas na Casa das Artes. A exposición, que estará aberta ó público ata finais de agosto, recorda a figura do autor de obras como a Panificadora ou o Banco Pastor, entre outras.
mércores, 7 xul 2004
O proxecto ideado polo parque zoolóxico vigués contará con obradoiros, animacións e xogos para os nenos e nenas de oito a doce anos; actividades que comezarán a partir do 15 de xullo ata finais do mes de agosto, os mércores e venres de cada semana.
martes, 6 xul 2004
Nos meses de xullo e agosto a proposta educativa recén estreada o ano pasado celebra a súa segunda edición. Unha alternativa ó lecer estival onde a diversión está garantida e onde a lectura irá acompañada de xogos e manualidades para os máis pequenos.
venres, 2 xul 2004
O MARCO presenta dende o venres día 2 unha exposición co título "O Lapis Máxico" a ilustración de libros infantís no Reino Unido na actualidade que se poderá visitar ata o 12 de setembro.
xoves, 1 xul 2004
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a exposición de pintura, fotografía e poesía de Marta Olivares co título "Instantes numéricos" que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura do 2 de xullo ao 29 de agosto.
venres, 25 xuñ 2004
A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros dende o luns e ata o 7 de xuño coa celebración da XXX Feira do Libro de Vigo.