O MARCO acolle unha exposición do arquitecto César Portela

venres, 10 out 2003

Dentro da liña de programación do MARCO de Vigo, "César Portela, arquitecto" significa un importante punto de inflexión, xa que por vez primeira unha exposición monográfica se inclúe nas súas exposicións temporais, xeneralmente colectivas e temáticas.A exposición permanecerá aberta do 10 de outubro ata o 11 de xaneiro de 2004.

O Marco acolle as proxeccións do Festival Artfutura

xoves, 9 out 2003

O MARCO inicia a programación audiovisual co "Festival ARTFUTURA" sumándose á celebración deste festival de arte e tecnoloxía, que por primeira vez se presenta simultaneamente en seis museos e centros culturais de España.Á vez que Vigo celébrase en Barcelona, Granada,Madrid, Valladolid e Vitoria.

Aprobados os prezos para os concertos do ARE MORE

luns, 6 out 2003

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, anunciou hoxe os prezos de venta ó publico das entradas para os concertos festival de música Are More que se celebrará do 28 de outubro ó 19 de decembro. Os prezos varían desde ó 20 euros a 10 euros.

Conferencia en Vigo da activista Tal Haran

luns, 6 out 2003

A activista pola paz TAL HARAN da unha conferencia en Vigo na Casa das Mulleres o martes día 7 ás 20 horas, co título "Desobediencia en Israel. Xentes e voces deconstruíndo unha sociedade militarizada".

A Biblioteca Central organiza actividades de ocio de fomento á lectura

venres, 3 out 2003

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez , presentou a programación de actividades da Biblioteca Central de Vigo que se desenvolverá entre os meses de outubro e maio enfocada tanto ó público adulto como infantil. As actividades consistirán en visitas escolares , visitas guiadas e cursos de formación de usuarios, cineclub, clubs de lectura para adultos e xoves e contacontos .<br />

Actividades culturais no MARCO

venres, 3 out 2003

A directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso, presentou os eventos e actividades que terán lugar no Museo nos próximos tres meses:exposicións temporais, actividades audiovisuais, concertos de arte sonora, mesas redondas e conferencias, entre outras, ademáis do programa didáctico para o curso 2003-2004.<br />

Presentada a "Agrupación de Amigos do Marco"

venres, 26 set 2003

A directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentou a Agrupación de Amigos do Marco,organización sen ánimo de lucro que ten como fins promover, estimular e apoiar accións culturais relacionadas co Museo. Basso estivo acompañada pola presidenta de Agrupación, Daniela Sarraíno.<br /> <br />

O MARCO creará a "Agrupación de Amigos do Museo"

mércores, 24 set 2003

O Museo de Arte Contemporáneo contará cunha "Agrupación de Amigos do MARCO" que será presentada oficialmente o próximo venres pola directora do Museo, Carlota Álvarez Basso e a presidenta da Agrupación, Daniela Sarraíno.