mércores, 8 abr 2026
O cartel de concertos do auditorio de Castrelos 2026 vén de sumar unha nova cita: Carmen, de Georges Bizet. O venres 24 de xullo o público poderá gozar desta ópera, unha das máis “extraordinarias” da historia da lírica, cualificou o alcalde.
mércores, 8 abr 2026
A mostra busca recuperar a figura do artista galego Francisco Miguel, reunindo 40 debuxos que poñen en valor o seu talento e reivindican a súa memoria tras décadas de esquecemento e silencio. “Fráxil, fácil, núbil... 40 debuxos de Francisco Miguel” poderá visitarse na Pinacoteca ata o 27 de setembro.
martes, 7 abr 2026
O alcalde felicitou esta tarde ao novelista Fernando Hernández pola súa nova obra "Conmigo morre o teu segredo". Caballero interesouse polo proceso creativo do autor que comparte a súa paixón pola literatura e a escritura coa súa profesión como policía local. Tamén animouno a continuar coa súa vocación literaria.
martes, 7 abr 2026
Esta fin de semana volve a programación municipal de artes escénicas VigoCultura con outras tres propostas artísticas. Dúas para público adulto, o venres 10 con "La Desconquista" e o sábado 11 coa obra "Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?"; e unha para público familiar o domingo 12: "Crisálida".
luns, 6 abr 2026
O xoves 9 de abril o Pazo de Castrelos acollerá dúas sesións da actividade lúdico divulgativa “Misterio non Pazo”, unha obra teatral coa que o Concello e a Universidade de Vigo celebran o 50 aniversario da morte da escritora Agatha Christie.
mércores, 25 mar 2026
O goberno local abre mañá as bases que regulan a selección das actividades do programa, que se desenvolverá nos museos e espazos expositivos da rede de museos do Concello de Vigo. Caballero explicou que o obxectivo é que “as actividades sexan as mellores que houbo nunca”.
martes, 24 mar 2026
O alcalde avanzou que en caso de precisalo, o Concello apoiará ao club de basket feminino para que a fase de ascenso se celebre en Vigo. A Xunta de Goberno tamén concedeu unha achega de 6.000 euros á Fundación Carlos Casares.
martes, 24 mar 2026
Esta obra incorporarase á exposición permanente da colección municipal de arte galega, unha das máis importantes de arte contemporánea de Galicia. A partir de maio, estará instalada no primeiro andar da Casa das Artes.
venres, 20 mar 2026
O Auditorio Municipal será o escenario da proxección das películas programadas polo Concello de Vigo e a Asociación de Amigos da Ópera na décimo primeira edición do “Ciclo de Cinema e Ópera”.
martes, 17 mar 2026
O alcalde anunciou que esta semana se publicará esta semana as bases que rexerán a presentación das solicitudes para participar na convocatoria pública de selección de proxectos expositivos na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura para o próximo ano.