venres, 25 xuñ 2004
A actuación do Trío de Corda Manuel Quiroga programada para o 30 de xuño, mércores, pasa por imprevistos alleos á organización para o domingo, 27 de xuño, ás 20:30 horas no Conservatorio Superior de Música.
xoves, 24 xuñ 2004
O Museo de Arte Contemporaneo presenta "BAD BOYS. Vídeos de artistas españois",exposición producida pola Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas do Ministerio Español de Asuntos Exteriores e que poderá visitarse no do 25 de xuño ó 5 de setembro de 2004.
mércores, 23 xuñ 2004
Begoña Estevez, soprano, acompañada ao piano de Miguel Angel Arqued oferecerán un concerto o xoves, día 24 , no conservarorio de música de Vigo dentro da programación do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+4" da concellería de Cultura. A cita será ás 20:30 horas con entrada libre ata completar a capacidade.
martes, 22 xuñ 2004
Cristina Nogueira, violonchelo e Alma Cendán , piano, subirán ao escenario do conservatorio surperior de música de Vigo para ofrecer un concerto o mércores, día 23 ás 20:30 horas dentro da programación do ciclo de música "Xeración 2000+4" que organiza a concellería de Cultura. A entrada é libre ata completar a capacidade.
A entidade colaborará con 420.000 euros no financiamento de actividades como o festival Are More, o de Música Sacra, exposicións e ciclos de conferencias
luns, 21 xuñ 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Caixa Galicia e vicepresidente da fundación desta entidade, José Luis Méndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración cultural a través do cal a Caixa Galicia colabora na financiamento da programación cultural do Concello con un importe de 420.000 euros.
luns, 21 xuñ 2004
O conservatorio superior de música de Vigo acolle o martes un concerto de piano a cargo de Wilhem Latchoumia dentro do programa do ciclo de música "Xeración 2000+4" que organiza a concellería de Cultura. A cita será ás 20.30 horas, a entrada é libre ata completar a capacidade.
mércores, 16 xuñ 2004
A Biblioteca Central , situada no Casco Vello, organiza os meses de xullo e agosto unha actividade co nome de "Bibliocampamento" destinado a nenos e nenas de 4 e 9 anos.O programa inclúe contos, xogos, e manualidades. As actividades son gratuítas.
venres, 11 xuñ 2004
A "Patrulla Águila", equipo de demostración acrobática do Exército do Aire, realizará o domingo, día 13, ás 13:00 unha exhibición aérea que organiza a Concellería de Cultura.
mércores, 9 xuñ 2004
A "Patrulla Ágila" do Exército do Aire realizará o venres ás 13:00 un ensaio na praia de Samil da exhibición aérea que terá lugar o domingo 13 de xuño e que organiza a Concellería de Cultura.
mércores, 9 xuñ 2004
Coa actuación da pianista Grace Nikane o xoves, día 10, continua a programación do ciclo de música de novos intérpretes Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de CaixaGalicia. O concerto terá lugar ás 20:30 horas no salón do conservatorio superior de música de Vigo.