Marco presentou dous novos artistas dentro do programa "20 Desarranxos. Panorama da arte brasileira"
Adriano e Fernando Guimarães son os artistas e autores das catro performances que terán lugar no museo o 25 e 26 de febreiro en horario de 20 horas e 21,30 horas.
O Marco presentou hoxe as performances dos artistas brasileiros Adriano e Fernando Guimarães. Estas obras son parte integrante da exposición "20 Desarranxos. Panorama da arte brasileira", que actualmente ocupa as salas do primeiro andar.
Nesta presentación participaron Adriano e Fernando Guimarães, artistas e autores das performances, e Carlota Álvarez Basso, directora do MARCO. A continuación da rolda de prensa proxectouse un vídeo da performance Respiração.
Ditos espectáculos terán lugar o venres 25 e sábado 26 de febreiro en dous pases diarios en horarios de 20 e 21,30 horas. Poderán observarse as performances: "Escuridão", "Luz", "Respiração-", e "Respiração+", cunha duración duns 26 minutos en total. As 4 actuacións terán lugar en distintos espazos do museo e haberá un tempo entre cada unha delas para que os espectadores podan desprazarse dun lugar a outro.
Descargar todas as imaxes