As ludotecas prosiguen a súa actividade tralo Entroido
A actividade non decae nas ludotecas municipais tralo incremento de programación na semana do Entroido. Pais e nais seguen a atopar nelas unha oferta de ocio creativo para enriquecer as tardes dos seus fillos.
A prehistoria protagoniza o desenvolvemento das actividades da ludoteca de Coruxo, onde tanto as actividades cotiás coma os grandes xogos especiais se ambientarán nesta época da evolución humana. Entre outros obradoiros haberá un de recolección de fosiles e outro de pinturas rupestres, coma sempre, nas tardes de luns a venres no CRAC de Coruxo.
No Pavillón de Coia de estase a preparar unha película de romanos na que se teñen pensado realizar castings, maquillaxe, vestiario, efectos especiais e ata contarán con extras, todos eles papeis adesenvolver polos e polas usuarias que queiran achegarse. A rodaxe farase os días 24 e 25 para a súa proxección o día 28 deste mes.
Máis adiante no tempo sitúa o seu tema central a ludoteca da Casa da Xuventude, que se desplazarán ata Plutón nunha viaxe extraordinaria ao espacio exterior a traverso dun grande xogo. Para elo farán un obradoiro de estrelas co fin de mellorar os seus coñecementos espaciais e un móbil de estrelas para adornar.
A ludoteca de Lavadores que funciona na mesma Asociación veciñal, dedicará a súa programación ao achegamento á artesanía con obradoiros de decoración de vidrios ou marionetas de dedos feitas con fieltro, tentando nesta ocasión dar a coñecer novos materiais de elaboración de obxectos.
Amor e velocidade son os curiosos temas que elixen os responsables da ludoteca do Calvario na rúa Sagunto para esta quincena con elaboración de tarxetas e divertidos xogos de búsqueda de parella que xa quererían moitos maiores. Carreiras con diferentes elementos coma zancos ou peixes soplados son algunhas das ideas a realizar velozmente.