O venres finaliza o prazo de inscrición no Concurso-Exposición da Camelia
O venres 18 de febreiro finaliza, as 13.30 horas, o prazo de inscrición na 41 edición do Concurso-Exposición da Camelia, organizado pola Concellería de Asuntos Sociais e que se celebrará nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Bouzas durante os días 26 e 27 de febreiro.
Quen desexe participar poderá inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, a través dun impreso que se facilitará para este fin. Na inscrición deberán especificarse a modalidade ou modalidades nas que se concursa e a superficie que se precisará para a súa exposición.
O certame, no que se inclúen diferentes galardóns, está aberto a todas as persoas interesadas nesta flor e pretende ser un mostrario das súas distintas especies e formas. Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco modalidades, achegando unha soa flor de cada unha delas.
Así, a "Camelia de Ouro" premiará o concursante máis destacado en todo o conxunto de variedades que presentase.
O premio especial "Antonio Odriozola" outorgaráselle á mellor flor, que será exposta nunha mesa especial.
Tamén haberá premios para os mellores lotes de cada unha das variedades, nas que se inclúen diferentes tipos de camelias xapónicas, reticuladas e híbridas, ademais doutras especies de camelia sen diferenciación de cores.
Así mesmo, serás galardoadas as mellores presentacións artísticas das flores, soas ou acompañadas doutros obxectos e elementos decorativos.
Por outra banda, a exposición contará cun concurso de escaparates, no que se valorarán a creatividade, novidade e composición dos escaparates decorados con calquera variedade de camelia.
Neste concurso poderán participar todos os establecementos comerciais do termo municipal de Vigo que o desexen e para elo deberán ter a súa composición rematada antes das 12.00 horas do venres 25 de febreiro, momento no que o xurado comezará o percorrido para a súa valoración.
Ademais, establécese un premio especial concedido pola Asociación Española da Camelia ao concursante máis destacado dos que participen por primeira vez no certame organizado na cidade de Vigo, con independencia de que se presentase en calquera outra das sedes do concurso.
Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nesta base deberán ser o máis homoxéneos e representativos posibles da variedade á que pertenzan, e estarán formados por un mínimo de tres flores e un máximo de dez (salvo o caso das camelias pertencentes a outras especies, que poderán expoñerse sen limitación de número), e cando menos unha folla.
Non obstante, en caso de igualdade entre varios lotes, o xurado decidirase en favor do lote formado por maior número de flores.