Bando
venres, 18 feb 2005
Ponse en coñecemeneto do público en xeral que a partir do vindeiro luns día 21 de febreiro de 2005, comezan as obras de humanización dos arredores da Praza de Compostela da nosa cidade.
venres, 18 feb 2005
Setenta peóns e 23 oficiais recibiron os diplomas acreditativos da formación obtida grazas ao Programa BIAL de mans da concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares. Os beneficiarios deste programa comezarán a realizar obras e servizos de interese municipal a partir do luns.
venres, 18 feb 2005
O Centro de Artesanía Tradicional ofrece o sábado 19 unha demostración do oficio das tecedeiras, como comezo dunha serie de actividades que se desenvolverán o segundo sábado de cada mes para achegar o público aos oficios tradicionais. Esta actividade complétase cunha rota cultural polo Casco Vello.
venres, 18 feb 2005
Teñen lugar tódolos venres a partir das 19,30 horas nos recintos dispostos polos equipos participantes. Este venres celébrase a carta xornada.
venres, 18 feb 2005
Adriano e Fernando Guimarães son os artistas e autores das catro performances que terán lugar no museo o 25 e 26 de febreiro en horario de 20 horas e 21,30 horas.
venres, 18 feb 2005
O concelleiro de Cultura ,Ignacio López-Chaves , mantivo unha reunión cos directores dos diferentes museos e coleccións públicas da cidade co obxectivo de impulsar a realización de actividades conxuntas destas institucións así como de promover a súa difusión.
venres, 18 feb 2005
A Corporación municipal reunese o luns ás 9 da mañá en sesión plenaria, de carácter extraordinario,a fin da toma de posesión dos seus cargos de concelleiros do grupo municipal do BNG de Henrique Vietez Alonso e Silvia Bermúdez Pérez.