Os beneficiarios do Programa Bial reciben os seus diplomas e apréstanse a traballar
Setenta peóns e 23 oficiais recibiron os diplomas acreditativos da formación obtida grazas ao Programa BIAL de mans da concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares. Os beneficiarios deste programa comezarán a realizar obras e servizos de interese municipal a partir do luns.
A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares, entregou hoxe venres no Auditorio do Concello os diplomas acreditativos da formación recibida no Programa BIAL aos 70 peóns e 23 oficiais beneficiarios desta iniciativa municipal. Este programa, financiado exclusivamente polo Concello, pretende facilitar experiencia e hábitos laborais a persoas desempregadas a través da súa participación en actuacións de acondicionamento e mellora da cidade.
O Programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) abrangue os módulos de Prevención de riscos laborais (20 horas), Instalacións eléctricas (35 horas) e Albanelería (70 horas), con especialidades engadidas de Xardinería e Cantería. Esta formación teórico-práctica foi impartida pola Fundación Laboral da Construcción de Galicia, co apoio do persoal da estructura do propio programa.
A partir do próximo luns, as Brigadas comezarán a realizar obras e servizos de interese municipal, aprobados previamente pola Xunta de Goberno Local. Lucía Molares pediulles aos benficiarios do programa que recorden que "hai moitas persoas que desexarían estar no voso lugar", xa que houbo máis de mil solicitudes para as 70 prazas de peón.
Na selección do persoal tivéronse en conta os ingresos económicos e as cargas familiares dos solicitantes. Ademais, asignáronse cotas para os colectivos con dificultades de inserción prioritarios no Plan municipal de emprego, como son os desempregados de longa duración, os mozos, as mulleres maiores de 45 anos, as vítimas da violencia doméstica e os discapacitados.
Descargar todas as imaxes