Escoitar
Anuncio Festas e Animación Sociocultural

Devolución dos carteis do "XIX Concurso de carteis do Entroido"

<br />

venres, 18 feb 2005
Comunícaselles a todas as persoas interesadas que a partir do vindeiro luns 21 de febreiro e ata o 21 de marzo poderán retirarse na Concellaría de Festas e Animación Sociocultural (Casa do Concello, 1º andar), en horario de 9 a 14 horas, os carteis presentados a o XIX Concurso de carteis do Entroido.

Para poder retirar o cartel, deberán entregar o comprobante de telo presentado e que lles foi facilitado no seu momento no citado departamento municipal.