martes, 15 feb 2005
A Escola Municipal de Danza celebra este ano os seus 25 anos de existencia cunha programación especial, na que se compaxinan as tradicionais actuacións e festivais con charlas a cargo de folkloristas, etnógrafos e artesáns.
martes, 15 feb 2005
O concelleiro de Educación pretende visitar tódolos centros públicos da cidade para participar dunha xornada con eles e valorar as súas necesidades.
martes, 15 feb 2005
Aqueles que desexen inscribirse no IX Seminario de Arte Románica poderán facelo ata o xoves 17 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello. O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña, do 19 de febreiro ao 12 de marzo no Centro Cultural Caixanova.
martes, 15 feb 2005
As actividades de inglés programadas na Biblioteca Central, que se desenvolven de febreiro ata maio, teñen logrado unha ampla aceptación entre o público ao acadar cubrir todas as prazas. O obxectivo da iniciativa impulsada polo departamento de Cultura dirixido por Ignacio López-Chaves radica en conseguir a diversificación da oferta e a captación de novos usuarios para as instalacións municipais, así como o fomento dos hábitos de estudio entre os asistentes.