Escoitar

Asuntos Sociais destina case 12.000 euros para dixitalizar os fondos antigos da Casa Galega da Cultura

A concellería de Asuntos Sociais destinará un total de 11.970 euros para a dixitalización do fondo antigo da biblioteca Francisco Fernández del Riego da Casa Galega da Cultura. En concreto, a actuación prevista polo departamento que dirixe Ignacio López-Chaves Castro refírese a tres volumes do século XVII e trinta e cinco do XVIII, considerados de gran valor histórico.

luns, 14 feb 2005
Gracias ó desenvolvemento das novas tecnoloxías ó servicio da documentación e información, a dixitalización preséntase como un eficaz e imprescindible instrumento para que as bibliotecas faciliten a dispoñibilidade dos seus recursos á vez que contribúe á difusión e conservación das súas coleccións bibliográficas e documentais.

Ademais, este procedemento ten como obxectivo salvagardar tan valioso patrimonio bibliográfico, así como ofrecer acceso público ó catálogo dixital do mesmo. Cos mesmos fins, a este proxecto se engade tamén o poema épico de Camoes, Os Lusiadas, datado en Lisboa en 1891 e con anotacións manuscritas de Eduardo Pondal, xa que ó estar exposta nunha vitrina do Museo Francisco Fernández del Riego faise imposible a súa consulta.

Segundo as previsións de Asuntos Sociais, o proxecto completo de dixitalización destes volumes estará rematado nun prazo máximo de dous meses.