Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno tratará na reunión do luns, día 14 do anteproxecto de construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo e proxecto de demolición de edificacións de "Casa Mar". A reunión será a partir das nove da mañá.

venres, 11 feb 2005
1.- Acta da sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2005.

ALCALDIA
2.- Anteproxecto de construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo e proxecto de demolición de edificacións de "Casa Mar". Doc 40120798 e 40085514.

3.- Dar conta da resolución de Alcaldía de data 10.02.05 pola que se designa aos funcionarios que redactarán o prego de condicións particulares que rexerá o contrato de concesión da construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo.

ASESORÍA XURIDICA
4.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 210/2004 interposto por CONSTRUCCIÓNS E MONTAJES SANTOS HÉCTOR, S.L. contra a desestimación presunta de reclamación patrimonial por falla de pagamento das obras e servizos realizados no campo de fútbol de Valladares(expte 2359/333). Estimado.

5.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 204/2004 interposto por Dª. SATURNINA POLO SALVADOR contra a desestimación presunta de reclamación patrimonial por accidente (expte 16420/240). Estimado.

6.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 155/204 interposto por D. LEOPOLDO LAMAS SEOANE contra a desestimación presunta de reclamación patrimonial por accidente. (Expte 16434/240). Desestimado.

7.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 42/2003 interposto por D. JUAN CARLOS LÓPEZ RIVADA e outros contra o acordo plenario de 14.01.03 que aproba a relación de postos de traballo do ano 2003. Desestimado.

8.- Sentenzas do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra no r.c.a. nº 321/2003 interposto por D. URBANO MONROY MAGDALENA contra a resolución do Xurado Provincial de clasificación de montes veciñais de Pontevedra de 20.02.03 e 10.10.03 sobre montes da parroquia de Castrelos. Estimado.

9.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/5008/2001 interposto por Dª. CASTORA VÁZQUEZ PÁRAMO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente (expte. 13866/240). Estimado parcialmente.

10.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4853/2001 interposto por Dª Mª DEL CARMEN LAGO CARBALLO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente (expte 13383/240). Estimado parcialmente.

11.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4667/2001 interposto por D.ÓSCAR FERNANDÉZ PÉREZ E OUTROS contra a desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente. (expte 13514/240). Estimado.

12.- Auto do Tribunal Supremo no rec. casación nº 913/2003 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra a sentenza dictada polo TSXG sobre as liquidacións practicadas en concepto de IBI. Inadmisión do recurso de casación.

BENESTAR SOCIAL
13.- Prestación do Servizo de axuda no fogar: Alta no servizo exptes: 13/1030, 11/502, 11/529, 23/441.

14.- Posta a disposición da Consellería de Emigración dun piso de acollida para a súa integración na Rede Galega de Atención e Orientación do Inmigrante. Expte. 11259/301

CULTURA
15.- Dereitos de autor da programación do Departamento de Cultura para o ano 2005. Expte 8718/331.

16.- Dar conta da relación de expedientes de gastos menor realizados polo Departamento de Cultura en xaneiro de 2005. Expte 8724/331.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
17.- Solicitude da Federación de Peñas El Olivo de autorización para celebrar a Festa das Peñas no Parque de Castrelos os días 25 e 26 de xuño de 2005. Expte. 70551/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
18.- Prórroga por un ano do contrato de xestión da Escola Municipal de Música adxudicado a Tobeiro S.L. Expte 4177/332.

19.- Solicitude de devolución de edificios doados por D. José García Barbón ao Concello de Vigo por imcumprimento de cargas, condicións e obrigas impostas na doazón. Desestimada. Expte. 15014/240.

20.- Reclamación de danos:
a) Dolores Varela Patiño. Expte 13743/240. Estimada.
b) Miguel Villamarín Alvarez. Expte 15946/240. Estimada.
c) Eugenio Rodríguez García. Expte 16374/240. Estimada.
d) Zurich España (Angel Alonso Bastos). Expte.168/243. Estimada.

21.- Devolución de fianza a Nuñez Motor, S.L. constituída pola subministración de vehículos para a Policía Local. Expte. 510/241.

PERSOAL
22.- Aboamento de productividade a D. Juan A. Barreiro Vila (período comprendido entre o 1 de outubro e 31 de decembro de 2004). Expte 15568/220.

23.- Complemento de productividade ao persoal adscrito ao posto de conductor da Alcaldía correspondente o segundo semestre do ano 2004. Expte 15580/220.

24.- Contratación en prácticas de D. Diego Novoa Gil como auxiliar de laboratorio, por renuncia voluntaria do auxiliar D. Alberto Romero Cancelas. Expte 15585/220.

25.- Solicitude de aboamento ao funcionario do Servizo de extinción de incendios, D. Manuel López Rodríguez, de importe de póliza asistencia sanitaria no extranxeiro, por importe de 262,00 €. Expte 15485/220.

TESOURERÍA
26.- Fixación do calendario fiscal para os tributos de cobro periódico e notificación colectiva do presente exercicio impositivo pertencente ao ano 2005. Expte 2604/703.

URBANISMO
27.- Aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización do Polígono delimitado polas rúas San Xoan e Padre Celso. Expte. 4507/401.

28.- Aprobación inicial do Proxecto de Urbanización da U.A. 14 Pedreira. Expte. 4510/401.

29.- Aprobación definitiva de cambio de sistema de compensación a concerto e proxecto de equidistribución do polígono delimitado entre as rúas San Xoán do Monte e Padre Celso. Expte. 4508/401.

30.- Recurso de reposición contra a aprobación definitiva do Proxecto de expropiación por taxación conxunta na Travesía de Espiñeiro-Teis. Estimado parcialmente.Expte. 169/413.

31.- Recurso de alzada contra acordo de data 12.11.04 da Xunta de Compensación do Polígono único do PERI II-05 Rocío. Proposta desestimatoria.Expte. 4569/401.

VIAS E OBRAS
32.- Devolución de fianza a favor de Gravina Villas y Promociones, S.A. constituída para realizar traballos de recollida de escombros. Expte 43671/250.

33.- Devolución de fianza a favor de OIBEDO, S.L. constituída para instalar un valado de obra na Estrada Provincial parte traseira da Avda. de Madrid, 18. Expte 43674/250.

XESTIÓN MUNICIPAL
34.- Xustificantes de libramentos.

35.- Rogos e preguntas.