A Xerencia de acordo no realoxo da actividade industrial na praia da Manquiña
A Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada hoxe xoves tivo dous puntos de importancia sobre o resto. A moción do BNG sobre o realoxo da actividade industrial da praia da Manquiña, que foi aprobada por unanimidade, e a resolución da presidencia da xerencia da creación dunha Oficina de Rexistro auxiliar do rexistro xeral da xerencia para a exposición pública do PXOM. Este último punto supuña só dar conta, polo que a controversia estivo na moción anterior, na que os voceiros dos grupos políticos aproveitaron para dar a súa coñecida opinión sobre o Plan Especial da Guía e aproveitaron para aclarar as súas posturas sobre outros asuntos urbanísticos, como o Plan Xeral ou o Casco Vello.