O Entroido despediuse con choros pola morte do Meco e premios para as comparsas
O Entroido despediuse, como é tradicional, cun loito pouco rigoroso e choros pola morte do Meco. Claro que en realidade o que había era ganas de pasalo ben, como quedou demostrado co desfile do concurso de comparsas que acompañou o cadaleito. O primeiro premio foi para o grupo "Colón é noso", de Valladares.
No medio de lágrimas e lamentos, o cadaleito do Meco desfilou, despois do seu velatorio na praza do Rei, en dirección á praza de América. A comitiva, enloitada como manda a tradición, chorou a súa morte durante todo o traxecto, negándose a aceptar a fin do Entroido.
Pero non foi a do mércores unha xornada triste, porque entre tanta desolación houbo lugar para os desexos dun porvir mellor. "Quero deixarvos un pouco de ilusión e esperanza", deixou escrito o Meco no seu testamento. "Déixovos o Celta en Segunda División, pero con forzas suficientes para subir a primeira".
Unha mestura de dor e alegría apoderouse dos asistentes ao enterro. Os motivos de carácter fúnebre, como os veos, cruces, crespóns e coroas de flores, confundíronse con elementos festivos: xogos malabares, plumas, bengalas. Pois tamén se trataba de escoller os mellores grupos do concurso de comparsas.
Zíngaros, fantasmas da ópera, un circo ambulante, "telecocidos", cabaleiros medievais, monxas en minisaia, condóns e unha Voda Real percorreron as rúas ante os numerosos vigueses que seguían o espectáculo desde as beirarrúas. Ao xurado non lle resultou fácil seleccionar as comparsas premiadas. De feito, houbo que realizar unha rolda extra de puntuacións para valorar a composición dos vestidos, a coreografía e a temática de cada colectivo.
O primeiro premio, dotado con 2.400 euros, foi para a comparsa "Colón é noso", de Valladares, unha representación lúdica do Descubrimento de América na que participou un grupo moi numeroso de persoas, composto de "indíxenas" e "conquistadores". A segunda clasificada, cun premio de 1.800 euros, foi "La Boda Real", de Vigo, que recordaba con ironía o despregue de medios que supuxo o recente enlace dos Príncipes de Asturias. O terceiro premio, de 1.200 euros, foi para comparsa do CF Travesía de Vigo, que lucía uns rechamantes disfreces simulando reloxos.
Ademais, "Urumundo", da asociación Uruguayos por el Mundo, recibiu 600 euros ao ser elixida como a comparsa máis festeira, e a decana do Entroido vigués, "Os Tarteiras", do Casco Vello, foi galardoada cun premio de 750 euros por ser a máis destacada no desfile do enterro do Meco.
Descargar todas as imaxes