Combate de improvisación teatral
Na concellería de Xuventude funciona dende hai unhas semanas a Liga de Improvisación Teatral por equipos organizada dende o programa "Súbete ao Castro".
Cada agrupación das 10 inscritas, combate contra outro dos participantes nunha posta en escea improvisada por obter o aplauso do público. Os encontros teñen lugar en sete sedes diferentes entre as que se atopan institutos públicos e asociacións veciñais ou centros culturais así coma no Espacio Xove do Castro.
Esta é a primeira experiencia organizada en Vigo deste tipo, pero, os combates de improvisación naceron en Canadá como un experimento teatral e pronto se convertiron nun xogo con numerosos participantes. Hoxe en día continúan cunha Liga Profesional de Improvisación que é televisada a nivel nacional.
Pronto este formato exportouse a paises como Arxentina, México, Francia e desembarcou por fin en España coa creación da Liga de Improvisación Madrileña.
Concretamente para esta vindeira xornada que será a terceira, a planificación dos combates así coma dos lugares nos que se celebra é a seguinte:
3ª XORNADA: 11 de febreiro ás 19:30 horas
1. A.V. DE CABRAL contra I.E.S. DE TEIS en A.V. de Cabral
2. I.E.S.CASTELAO - B contra AULATALÍA - A en I.E.S. Castelao
3. AULATALÍA - B contra SÚBETE AO CASTRO en I.E.S. Álvaro Cunqueiro
4. TRAQUERS - A contra I.E.S. CASTELAO - A no C.R.A.C. de Coruxo
Máis información na páxina www.cibercastro.org