A inauguración da Copa do Mundo de Saltos dará paso a tres días de probas deportivas
A xornada de inauguración da Copa do Mundo de Saltos contará con multitude de xogos e actuacións relacionados co mundo ecuestre, como un Grand National infantil ou un espectáculo de acrobacias a cabalo.
A Copa do Mundo de Saltos comeza mañá xoves no recinto feiral de Cotogrande coa xornada de Inauguración, un acto que contará coa presencia de numerosas personalidades, como a alcaldesa Corina Porro, o presidente da Xunta Manuel Fraga, Cayetano Martínez de Irujo, presidente de la Asociación Internacional de Xinetes ou Wiveka Lundh, Directora da Copa do Mundo da Federación Ecuestre Internacional.
Antes dos actos propios da inauguración oficial, a xornada comezará cedo para xinetes e cabalos, que deberán pasar inspeccións veterinarias dende as nove da mañá. A partir da unha da tarde os xinetes poderán tomar un primeiro contacto coa pista nunha sesión de adestramento.
Ás oito do serán comeza a inauguración propiamente dita coa recepción de autoridades, que entrarán no recinto montadas en calesa. Os discursos inaugurais, a cargo de Manuel Fernández, Méndez, Corina Wiveka Lundh, José Luis Porro e Manuel Fraga estarán aderezados polas actuacións da banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra e a Real banda de Gaitas de Ourense, que tocarán, ademais do himnos de España e do antigo Reino de Galicia, o tema "Na alameda de Pontevedra" e o "Himno de la alegría".
Haberá tamén unha coreografía executada por 120 nenos, un Grand National infantil con ponies e dúas actuacións moi especiais: o show de Pascal Chemel, que logra co seu piano un espectáculo de ballet protagonizado por cabalos de gran beleza plástica, e o show de Lorenzo, un espectáculo de acrobacias a cabalo.
Descargar todas as imaxes