martes, 8 feb 2005
Os actos do enterro do Meco e o desfile de comparsas que os acompañarán porán o punto e final o mércores 9 ao Entroido de 2005. O desfile percorrerá a avenida de Camelias e, despois de pasar por Álvaro Cunqueiro, acabará na praza de América, onde se celebrarán o responso, sepelio e lectura do testamento do Meco e se darán a coñecer os nomes dos premiados no concurso de comparsas.
martes, 8 feb 2005
As instalacións do Consorcio da Zona Franca acollerán os días 26 e 27 de febreiro a 41ª edición do Concurso-Exposición da Camelia, organizado polo Concello e no que se premiarán os máis destacados exemplares desta flor nas súas distintas variedades.
As instalacións abren en horario ininterrumpido de luns a vernes e os sábados pola tarde e os domingos pola mañán
martes, 8 feb 2005
Do mesmo xeito que outras puntos de lectura da cidade, a Biblioteca Central de Vigo amplía o seu horario durante a época de exames de inverno, é decir, ata o próximo 18 de febreiro.