Escoitar

A "Escola Obradoiro Mar de Vigo III" comezará a funcionar a partir de xuño

Ven cumprir coa finalidade de fomentar o emprego na mocidade, principalmente as profesións relacionadas coa actividade marítima tradicional.

luns, 7 feb 2005
1107784769merde74.jpg
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de creación da "Escola Obradoiro Mar de Vigo III", que ven continuar a liña comezada coas Escolas Obradoiros I e II, esto é, fomentar o emprego na mocidade con especialidade de profesións relacionadas coa actividade marítima.

O proxecto consiste nunha escola taller de 45 alumnos repartidos en especialidades de "Carpintería de ribeira", "Novas técnicas de construcción naval" e "Actividades náuticas". Os obxectivos pretendidos son amplos e variados pero pódense resumir en dous:

- Dinamizar o sector da navegación en embarcacións tradicionais, recuperando a memoria histórica e unha profesión de gran proxección, potencialidade turística e valor etnográfico.
- Incidir na utilización alternativa do recurso "mar", construíndo embarcacións de uso deportivo con novos materiais, elaborando programas de dinamización deportiva...

A duración da "Escola Obradoiro Mar de Vigo III" está establecida en 18 meses e a data prevista de inicio é xuño de 2005. O asentamento da mesma será nas mesmas instalacións das anteriores escolas, que o Concello mantén en aluguer, na estrada do Vao en Coruxo.

A subvención económica solicitada á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta é de 823.664,56 euros, que é a habitual, regulada polo Programa de Escolas Obradoiro e Casas de Oficios. O Concello, pola súa parte, asumirá as obrigas de cofinanciamento que lle correspondan para o desenvolvemento deste proxecto.
Descargar todas as imaxes