Escoitar

Voluntariado opta a unha subvención da Xunta

A Xunta de Goberno Local autorizou a presentación dos proxectos que integran o Programa Municipal de Voluntariado co fin de optar á subvención que convoca a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e que vai dirixida a concellos e mancomunidades municipais.

luns, 7 feb 2005
A subvención é a vía con que conta este servizo para poder executar as súas accións de voluntariado. O ano 2004 a oficina conseguiu un financiamento de 20.000 euros.

A Oficina de Voluntariado opta a dita subvención para por en marcha as accións integradas no programa municipal de voluntariado, que son entre outras a potenciación da propia oficina; voluntariado en hospitais, centros da terceira idade, institucións penitenciarías e centros de menores; estatísticas, estudios e investigación sobre o voluntariado.

O servizo municipal tamén realiza tarefas para apoio na realización de actividades en Onl’s; formación de voluntarios, campaña de sensibilización, voluntariado medioambiental: recuperación das dunas das praias de Argazada e Fontaíña; campaña informativa do voluntariado a través dun Portal Interactivo en Internet; "Educar na solidariedade" e o programa informático de xestión do voluntariado.