Corina Porro inaugura as actividades do Arquivo Pacheco para 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou a Casa das Artes para inaugurar as actividades do Arquivo Pacheco para 2005, que se iniciarán co proxecto interactivo "A galería".
A alcaldesa, Corina Porro, visitou a Casa das Artes para inaugurar as actividades do Arquivo Pacheco para 2005, que se iniciarán co proxecto interactivo "A galería".
O presidente do Círculo Mercantil, Cándido Rial, informoulle á alcaldesa dos actos culturais que haberá na cidade con motivo da celebración da 30 Asamblea Nacional que se celebrará en xuño. A directiva da sociedade quere asegurarse o apoio do Concello neste importante acto que se celebra en Vigo por segunda vez.
"O humilde do necesario" é a mostra de máis de cen pezas, entre apeiros e roupas do rural, que o museo Liste expón ata o 28 de febreiro.
O Cineclub Lumière dedica a súa programación de febreiro ao cine policial, cun ciclo no que se ofrecerán mostras de todos os seus xéneros. Os filmes proxectaranse do 14 ao 28 deste mes no Auditorio da Casa do Concello.
A Xunta de Goberno tratará na reunión do luns, día 14 do anteproxecto de construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo e proxecto de demolición de edificacións de "Casa Mar". A reunión será a partir das nove da mañá.
<br />