Escoitar

O círculo Mercantil solicita o apoio e a presencia do Concello na Asamblea Nacional que terá lugar en xuño

O presidente do Círculo Mercantil, Cándido Rial, informoulle á alcaldesa dos actos culturais que haberá na cidade con motivo da celebración da 30 Asamblea Nacional que se celebrará en xuño. A directiva da sociedade quere asegurarse o apoio do Concello neste importante acto que se celebra en Vigo por segunda vez.

venres, 11 feb 2005
1108133444mercantil.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, foi visitada polo presidente do Círculo Mercantil, Cándido Rial, que viño acompañado de outros directivos da entidade. O motivo da visita foi o de transmitirlle á alcaldesa o tipo de actos e reunións que haberá con motivo da 30 Asamblea Nacional da Federación Española de Círculos e Casinos Culturais que se celebrará na cidade entre o 8 e o 12 de xuño. A directiva do Círculo Mercantil quere asegurarse o apoio e a presencia do Concello neste evento de gran repercusión social no que estarán invitados a Casa Real e o presidente da Xunta.

Entre os actos culturais previstos para estes días haberá, ademais de reunións de traballo, dous concursos nacionais de pintura e literario, e un concerto da Coral Casablanca. No aspecto das infraestructuras, o presidente Cándido Rial informou de que se acometerán obras de ampliación e mellora nas instalacións da sociedade, tanto na sede central da rúa Príncipe como na cidade deportiva, por valor de 1,8 millóns de euros.

Esta Asamblea Nacional será un acontecemento especial para o actual presidente da Federación Española de Círculos e Casinos Culturais, Joaquín María Gallego y Sánchez de Palacios, xa que se cumpren 25 anos do comezo do seu mandato, que foi precisamente elixido na única Asamblea celebrada en Vigo ata o momento.
Descargar todas as imaxes