Escoitar

Corina Porro recibe a 21 membros da Asociación San Francisco, gañadores de medallas nos Xogos Special Olympics

A asociación San Francisco acadou un total de cinco medallas na última edición destes xogos deportivos para diminuídos intelectuais celebrada en Sevilla.

xoves, 10 feb 2005
1108043462dismi.jpg
A alcaldesa Corina Porro recibiu hoxe a un grupo de 21 rapaces da Asociación San Francisco, integrantes da Delegación Galega que participou nos Xogos Nacionais Special Olympics que se celebraron no Complexo Deportivo San Pablo de Sevilla do 8 ao 12 de outubro de 2004.

Esta nova edición dos xogos deportivos para diminuídos psíquicos contou con representantes de quince países incluído España. Trátase duns xogos de ámbito europeo, anque tamén participou Marrocos, e cóntase coa presencia de deportistas de países como Alemania, Austria, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Italia ou Francia.

Galicia foi a carta rexión española en número de participantes con 90, só detrás de Madrid (100), Castela e León (109) e a anfitriona Andalucía, con 20 centros e 383 participantes. Os centros e asociacións galegas con representación foron Aspader, Aspas e Aspadex pola Coruña; Fundación Burela e Aspanais por Lugo; As Burgas de Ourense; e Aspavi e San Francisco en representación de Pontevedra.

Os 21 rapaces da Asociación San Francisco lograron un total de cinco medallas: ouro en fútbol sala, prata en baloncesto, probas adaptadas de fútbol sala e probas adaptadas de baloncesto, e bronce en probas adaptadas de fútbol sala, á que concurriron dous equipos.

O vicepresidente da asociación San Francisco, Eladio Fernández, propúxolle á alcaldesa a posibilidade de organizar os Xogos Special Olympics en Vigo para o ano 2008, dadas as posibilidades de infraestructuras que ofrece a cidade. Ao tempo, Eladio Fernández pediulle mediación á alcaldesa para lograr un maior apoio ao colectivo dos diminuídos intelectuais por parte da Xunta.
Descargar todas as imaxes