Escoitar

Gala Fernández expón na Casa da Xuventude a súa obra pictórica

A Casa da Xuventude abre unha nova exposición apostando pola xove pintora Gala Fernández, aínda estudiante de Belas Artes en Pontevedra, pero xa veterana como artista e expositora.

luns, 7 feb 2005
1107852340gala.jpg
Mañá martes día 8 de febreiro comeza unha nova mostra na Casa da Xuventude dunha xove artista chamada Gala Fernández. De novo unha nova creadora ocupa a sala nesta ocasión para amosar debuxos e pinturas en técnicas diferentes.

Na actualidade, Gala Fernández estudia Belas Artes en Pontevedra, nembargantes a súa andaina xa comezou antes de ingresar na universidade con traballos e ensaios feitos ao longo destes anos. Nesta escolma da súa obra a artista trata de conectar os sentimentos coa capacidade creadora que ela mesma resume nesta frase: "Cando a alma sente, sente a man".

Espérase ver, pois, o proceso de inmersión na arte que todo creador experimenta nunha mostra que non é a primeira para esta moza de Vigo.

As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 18 de febreiro en horario de apertura da Sala de Exposicións que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes