O Concello pon a disposición de Emigración un piso de acollida
A Xunta de Goberno local celebrada hoxe luns deu luz verde á cesión por parte do Concello dunha vivenda de acollida para os inmigrantes mais desfavorecidos. A Xunta fixou tamén o calendario fiscal de 2005.
A Xunta de Goberno Local aprobou o anteproxecto de construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos e o proxecto de demolición do edificio "Casa Mar". O voceiro popular, José Manuel Figueroa, dixo que, de saír todo como está previsto, o proxecto podería saír adiante en xuño ou xullo.
A Xunta de Goberno deu luz verde á posta en disposición da Consellería de Emigración dun piso de acollida para a súa integración na Rede Galega de Atención e Orientación do Inmigrante. Esta medida estaba prevista no acordo de colaboración asinado o 2 de agosto de 2004 entre a concellería de Asuntos Sociais e a Consellería de Emigración para levar a cabo un programa de actuación conxunta en materia de atención ao inmigrante e emigrantes retornados en Vigo. A vivenda cedida será a situada na rúa Anduriña 21, 3º A, que será destinada a tal uso durante a vixencia do convenio, que é de todo o ano 2005, aunque sendo susceptible dalgunha prórroga.
No área de Tesourería, a Xunta fixou o calendario fiscal para os tributos de cobro periódico e notificación colectiva do presente exercicio impositivo pertencente ao ano 2005, quedando do seguinte modo:
- Imposto de vehículos de tracción mecánica: do 31 de marzo ao 31 de maio.
- Taxa de recollida do lixo: do 1 de xuño ao 1 de agosto.
- Exaccións unificadas industriais: do 1 de xuño ao 1 de agosto.
- Imposto sobre bens inmobles: do 1 de setembro ao 2 de novembro.
- Imposto de actividades económicas: do 1 de setembro ao 2 de novembro.
Descargar todas as imaxes