A Xunta de Goberno aproba a creación dunha oficina de supervisión de proxectos
A finalidade da oficina de supervisión de proxectos e inspección técnica de obras é a de redactar informes técnicos dos proxectos, tanto de iniciativa pública como privada, que sexan de competencia municipal.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, entre os asuntos de fóra da orde do día, a creación dunha oficina de supervisión de proxectos formada por cinco técnicos: un enxeñeiro superior ou arquitecto, dous enxeñeiros técnicos e dous inspectores de obra. A oficina será dependente do departamento de Vías e Obras e a súa finalidade é a de redactar informes detallados de tódolos proxectos antes de saír a concurso. Segundo o concelleiro José Manuel Figueroa, a existencia dunha oficina con este cometido facíase necesaria debido á existencia de erros en medicións ou no cálculo de orzamentos. A partir de agora, co traballo desta oficina de profesionais, poderán analizarse e valorar os proxectos con máis precisión antes de saír a concurso.
As funcións da oficina de supervisión serán entre outras:
- Propoñer ao órgano de contratación criterios e orientacións de carácter técnico para a súa inclusión, no seu caso, na norma ou instrucción correspondente.
- Examinar que os prezos dos materiais e das unidades de obra son os adecuados para a execución do contrato.
- Verificar que o proxecto contén o estudio de seguridade e saúde.
- Outras funcións encomendadas pola Xunta de Goberno.