xoves, 17 feb 2005
A oficina municipal de información a inmigrantes e emigrantes retornados atende desde o pasado día 14 as necesidades destes colectivos. Ademais, a Fundación Ecca Vigo ofrece cursos de formación para mellorar a cualificación das mulleres inmigrantes.
xoves, 17 feb 2005
O Museo Quiñones de León organiza visita guiadas ó casco histórico de Bouzas con motivo do centenario da unión do Concello de Bouzas ó de Vigo. As visitas , de carácter gratuíto, están programadas os domingos ás 11 e ás 12 horas durante os meses de febreiro e marzo.
xoves, 17 feb 2005
A Corporación Municipal gardou un minuto de silencio por un novo caso de violencia de xénero.
xoves, 17 feb 2005
A actividade non decae nas ludotecas municipais tralo incremento de programación na semana do Entroido. Pais e nais seguen a atopar nelas unha oferta de ocio creativo para enriquecer as tardes dos seus fillos.
xoves, 17 feb 2005
O venres 18 de febreiro finaliza, as 13.30 horas, o prazo de inscrición na 41 edición do Concurso-Exposición da Camelia, organizado pola Concellería de Asuntos Sociais e que se celebrará nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Bouzas durante os días 26 e 27 de febreiro.