Escoitar

Comezan as visitas guiadas de escolares á Escola Obradoiro Mar de Vigo II

Rapaces de distintos colexios da cidade poderán participar nas Aulas do Mar, un programa deseñado para aproximarlles ao mundo do mar.

mércores, 16 feb 2005
1108564511emprego.jpg
Os concelleiros Ignacio López-Chaves e Lucía Molares asistirán ao inicio das visitas de escolares de distintos colexios da cidade á Escola Obradoiro "Mar de Vigo II". A visita da xornada de hoxe é a do colexio público Javier Censat, estando prevista a participación de 10 colexios e un total de 250 rapaces ata o 21 de abril. As Aulas do mar, organizadas pola especialidade de Actividades Náuticas da propia Escola Obradoiro en colaboración co programa "Vigo por dentro", amosarán aos rapaces diversos aspectos do mundo do mar.

Aulas do Mar é basicamente un programa de divulgación educativa dirixida a escolares dos últimos cursos de primaria coa finalidade de interesar aos rapaces no mundo do mar.
Está deseñado para que os escolares que visiten a Escola Obradoiro "Mar de Vigo II" participen en diversos talleres como nós, bandeiras ou maquetismo, vexan imaxes dos procesos de construcción das embarcacións e visiten, guiados polos alumnos traballadores da especialidade de Actividades Náuticas os obradoiros por dentro para visualizar en directo os traballos dunha carpintería de ribeira, como a construcción dun bote polbeiro, unha traiñeira ou un cruceiro. As visitas comezan ás 11 horas e teñen unha duración de tres horas.
1108564511emprego.jpg
1108564532vigo.jpg
Descargar todas as imaxes