A Escola Municipal de Danza cumpre cunha programación especial o seu 25 aniversario
A Escola Municipal de Danza celebra este ano os seus 25 anos de existencia cunha programación especial, na que se compaxinan as tradicionais actuacións e festivais con charlas a cargo de folkloristas, etnógrafos e artesáns.
A Escola Municipal de Danza, pola que teñen pasado miles de alumnos, cumpre no presente curso 25 anos de existencia. Para celebralo, a súa programación, xunto coas tradicionais actuacións en festivais, inclúe charlas con folkloristas e etnógrafos de recoñecido prestixio.
Así, a Escola xa acolleu unha mostra didáctica de instrumentos tradicionais a cargo de Hipólito Cabezas, director da banda de gaitas da Deputación de Pontevedra, e foi escenario de conferencias impartidas polo etnógrafo Olimpio Liste e polo gaiteiro Carlos Núñez.
Dentro das actividades realizadas pola Escola están a visita ao Museo de Olimpio Liste, o concurso de rondallas do 1 de xaneiro, a actuación na cabalgata de Reis e o festival "Na punta do pé", do pasado 28 de xaneiro. A programación continuará mañá mércores día 16 de febreiro cunha charla a cargo do director da aula de música tradicional e artesán Antón Corral.
Outra cita importante para os alumnos da Escola Municipal de Danza será o "Festival dos Reencontros" do próximo 18 de febreiro. En marzo o protagonismo terao o Día da Reconquista, que se celebrará o día 28. O 2 de abril será un curso de sevillanas o que centre a actividade da Escola.
O 27 de maio terá lugar un festival didáctico e o 5 de xuño chegará a vez dun evento especial, o Día da Muiñeira, que cumprirá este ano o seu 35º aniversario. As clases da Escola Municipal de Danza acabarán en xuño coa sexta edición da xornada de exaltación do traxe galego, o día 18, e cunha romería o día 25. Con todo, as actividades da Escola continuarán en xullo, coa VI Mostra do Traxe, o día 30, que porá fin á programación deste curso. Ademais, o grupo de música e baile da Escola Municipal de Danza, Tarabelo, continuará a actuar todo o ano.