As licencias e inscricións de cans perigosos están listas en Medio Ambiente
Os propietarios de cans potencialmente perigosos que iniciasen a tramitación de licencias e inscrición no Rexistro antes do 12 de novembro de 2004 poden recollelas no servizo de Medio Ambiente do Concello.
O departamento de Medio Ambiente do Concello de Vigo xa ten tramitados os carnés das 170 primeiras licencias para a posesión de animais potencialmente perigosos e
a inscrición no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos. Os propietarios de cans considerados potencialmente perigosos que tramitasen a licencia municipal e a inscrición no Rexistro entre o 15 de setembro do 2002 e o 12 de novembro de 2004 poderán pasar a recollelas no servizo de Medio Ambiente, no segundo piso da Casa do Concello, entre as 9 e as 13,30 horas.
Os interesados deben acudir co DNI e o recibo xustificativo da renovación do seguro de responsabilidade civil ou, de ser o caso, a substitución por unha póliza nova. A expedición da licencia administrativa para a posesión de animais potencialmente perigosos e a súa inscrición son dous procedementos diferentes que deben iniciarse por separado. Os propietarios de cans destas características que aínda non iniciaron ditos trámites están a infrinxir a lexislación vixente, que tipifica estas infraccións con sancións dende 2.404 a 15.025 euros.
Considéranse animais potencialmente perigosos aqueles que tiveran episodios de agresión a persoas ou de violencia de certa entidade con outros animais ou cousas, os que foron adestrados para a garda e a defensa, os que manifesten unha esaxerada agresividade e os que pertenzan ás seguintes razas: American stadfforshire terrier, pitbull terrier, bullmastif, doberman, dogo arxentino, dogo de Bordeos, dogo do Tibet, fila brasileiro, , mastín napolitano, presa canario, presa mallorquín, rottweiller, staffordshire bull terrier, tosa inu e akita inu.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co servizo de Medio Ambiente no teléfono 986-810210.