Escoitar

Ábrese ao público a exposición do Plan Xeral na Escola de Artes e Oficios

A alcaldesa, Corina Porro, visitou a Escola de Artes e Oficios para abrir a exposición ao público do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A exposición, que finalizará o 16 de abril, informará os cidadáns a través de maquetas, planos e diversa documentación gráfica e escrita, ofrecéndolles ao mesmo tempo a posibilidade de aclarar calquera dúbida de maneira personalizada.

mércores, 16 feb 2005
1108561530maqui.jpg
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) comezou hoxe mércores na Escola de Artes e Oficios a súa fase de exposición, que acabará o 16 de abril para esgotar o prazo máximo permitido, que é de dous meses. A exposición, titulada "O Vigo que te namorará", poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.

Aqueles que se acheguen á Escola de Artes e Oficios na busca de información sobre o Plan Xeral encontrarán maquetas, planos, paneis explicativos e diversa documentación escrita. Por outra parte, seis persoas desempeñarán labores de información e rexistro: tres arquitectos que traballarán no andar de arriba e dous funcionarios e un auxiliar administrativo de apoio que traballarán no mostrador. Ademais, haberá catro postos de autoconsulta a disposición do público.

A alcaldesa, Corina Porro, dixo durante a apertura da exposición que o Concello quere ter en conta os cidadáns e que vai estudar "todas e cada unha das súas alegacións". Corina Porro defendeu o novo PXOM asegurando que "unha cidade non pode desenvolverse cun planeamento de hai 20 anos". Ademais, a alcaldesa agradeceu a todos os concelleiros, á Xerencia de Urbanismo, aos redactores do Plan e ao Consello Sectorial de Urbanismo por teren traballado por este PXOM.

O xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, desexou que "todos os cidadáns de Vigo se impliquen neste Plan" para que "poidan enriquecer o documento coas súas propostas". Pola súa banda, o redactor do PXOM, Juan Zumárraga, afirmou que "nunca na historia dos plans que teño visto houbo un proceso de participación como o que viviu esta cidade".
1108561530maqui.jpg
1108561557xerente.jpg
Descargar todas as imaxes