Inversa Teatro presenta "Fémina Sapiens"

luns, 17 mar 2014

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa compañía INVERSA Teatro para a representación do seu espectáculo Fémina Sapiens, que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), o mércores 19 e o xoves 20 de marzo, a partir das 21:00 h.<br /> Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra somos máis proclives á involución) e onde se cuestiona a linguaxe e o rol imposto á muller desde a propia decisión da bipolaridade Muller-Homo.

Festival Alternativo de artes escénicas de Vigo "ALT&#039;14"

venres, 14 mar 2014

A Concellería de Cultura e Festas colabora unha vez máis co Festival Alternativo das artes escénicas ALT&#039;14, que terá lugar do 13 ao 16 de marzo, en distintos espazos de xestión municipal: auditorio municipal do Concello, Casa das Artes e salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro e cumpre trece anos dende o seu nacemento, contando co apoio municipal de forma ininterrumpida.

O Concello mantén prezos e incorpora o circo á programación do Auditorio Municipal

xoves, 13 mar 2014

A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este xoves os 18 espectáculos que acollerá o recinto desde o 4 de abril ao 1 de xuño. Para público infantil e adulto, o goberno local dúas funcións de circo ás habituais representacións teatrais, musicais, de danza e de maxia. Os abonos e entradas, á venda en taquilla, na Central de Espectáculos e en Servinova.

Comeza o Festival Alternativo de artes escénicas de Vigo "ALT&#039;14"

mércores, 12 mar 2014

A Concellería de Cultura e Festas colabora unha vez máis co Festival Alternativo das artes escénicas ALT&#039;14, que terá lugar do 13 ao 16 de marzo, en distintos espazos de xestión municipal: auditorio municipal do Concello, Casa das Artes e salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro e cumpre trece anos dende o seu nacemento, contando co apoio municipal de forma ininterrumpida.

En colaboración coa Galería Montenegro

A Fundación Laxeiro inaugura a segunda entrega do ciclo Os Novos coa mostra "Arturo Souto, nove óleos sobre lenzo"

mércores, 12 mar 2014

No seu conxunto, a exposición mostra as diversas liñas de traballo que caracterizan a obra de Souto: a estética granítica, o tratamento da luz e a cor, as composicións complexas con primeiros planos e<br /> perspectivas en fuga, a combinación entre escenas de interior e de exterior nunha mesma obra e a esquematización dos personaxes.