Caballero convoca ao consello asesor para deseñar o futuro dos museos de Vigo

venres, 16 mai 2014

Destacados nomes da cultura como Uxía Blanco, Manuel Bragado, Puri del Palacio, Carlos Núñez e Antón Pulido, entre outros, colaboran co goberno de Vigo na definición do "primeiro cuarto de século" da rede de museos de Vigo. Caballero anunciou que Vigo súmase esta fin de semana ao Día Internacional dos Museos con ampliación de horarios, entrada gratuita e actividades específicas.

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
Horario apertura: venres, sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Actividades para públicos de todas as idades, e ampliación de horario o domingo pola tarde

Día Internacional do Museo 2014 no MARCO
Venres 16, sábado 17 e domingo 18 de maio

xoves, 15 mai 2014

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos do mundo enteiro a celebrar o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2014 é ‘Os vínculos creados polas coleccións dos museos’, que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que implementaron os museos para manter vivo o interese do público. Os museos enfróntanse constantemente a cambios que os obligan a reformular o seu compromiso tradicional e atopar novas formas de accesibilidade e comunicación, no seu papel de relatores do patrimonio cultural e da memoria colectiva dunha comunidade.

O programa Vigocultura celebra esta fin de semana o Día Mundial da Danza

xoves, 24 abr 2014

Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello , Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza con dous espectáculos: o venres 25 haberá un festival Galaico-Portugués "Na Raia", e o domingo 27, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra "Menú vexetal".

O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING xunto con 48 museos e centros de arte

mércores, 23 abr 2014

Este mércores, 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.