Caballero invita a achegarse ao MARCO para gozar da mostra Luis Seoane Retrato de Esguello
O alcalde invitou esta mañá a todo Vigo a achegarse ao MARCO ata o próximo 27 de setembro para gozar da exposición Luis Seoane Retrato de Esguello. A mostra está composta por 300 obras, representativas da traxectoria deste "poliédrico, polivalente e xenial" artista, dixo o rexedor na rolda da prensa.
Desde hoxe venres ata o próximo 27 de setembro, o MARCO acollerá a exposición Luis Seoane Retrato de Esguello, unha mostra que recolle a traxectoria da personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX. Tal e como explicou na rolda de prensa de presentación, este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane, formúlase como revisión global da figura dun autor complexo e diverso, un creador de vocación universal. Intelectual comprometido, editor, pintor, debuxante, ilustrador, gravador, muralista, deseñador gráfico, cartelista, deseñador industrial, escenógrafo teatral, poeta, narrador, guionista, ensaísta, comunicador en prensa escrita e radiofónica, crítico e teórico das artes, emprendedor e outras moitas cousas, a traxectoria de Luis Seoane sitúao como a personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX.
Unha vez clausurada no MARCO, a exposición terá continuidade en varias institucións de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, a Fundación Granell de Santiago, ou o Centro Torrente Ballester de Ferrol, que amosarán visións parciais e diferentes desta mostra. En 2016 viaxará á Fundación Luis Seoane e outros espazos da Coruña.
O proxecto concibiuse mediante unha dobre vía, expositiva e editorial, coa edición dun libro que recolle o legado cultural de Luis Seoane. Esta publicación servirá ademais como introdución ou punto de partida do proxecto de investigación que dende a Fundación Luis Seoane se está a realizar para conformar o catálogo razoado do artista, composto de diferentes estudos e análises sobre aspectos clave da súa biografía que contextualizarán, á súa vez, outra serie de volumes dedicados en exclusiva ás fichas catalográficas de todas as súas obras. Escrito por David Barro, comisario da exposición e director da Fundación Luis Seoane, con asesoramento e deseño de Xosé Díaz e coordinación e documentación de Carmela Montero, Luis Seoane. Retrato de esguello incluirá tamén imaxes doutras obras non presentes na mostra. A publicación, froito da colaboración de ambas as dúas entidades con Editorial Galaxia, será presentada no MARCO de Vigo o vindeiro mes de setembro.
Descargar todas as imaxes