O Trofeo Centenario, este domingo, abre os actos deportivos dos cen anos do Comesaña con "todo o apoio do Concello", di Manel Fernández
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe venres o primeiro gran acto deportivo do Comesaña logo da recepción oficial do Concello a todos os estamentos da entidade de San Andrés de Comesaña en abril pasado.
O Trofeo Centenario Comesaña Sporting Club de atletismo celébrase este domingo ás 10:30 horas nas pistas de Balaídos para conmemorar con dezasete probas de calidade os cen anos de existencia do club decano do atletismo galego.
"O Concello é un firme defensor do atletismo e o Comesaña ten todo o noso apoio nestes actos; desexamos longa vida ao club", indicou o edil de Deportes, que estivo acompañado no acto polo presidente da entidade, Belarmino Alonso, as atletas Sandra Mosquera e Soledad Castro e o delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Miguel Martínez. O Concello patrocina o trofeo atlético.
Para o domingo, o Comesaña confirmou a inscrición de 321 atletas (165 homes), representación lusa e madrileña, a máis diso de toda Galicia. "Que o público acuda porque é unha proba importante do calendario nacional", sostivo Alonso. A RFEA incluína no seu selecto programa. Así, moitos atletas españois e portugueses tentarán acadar marca para o Campionato de Europa junior e o Mundial xuvenil, ademais de para o Festival Olímpico da Mocidade Europea. Nesa relación figura Ángela González, do Comesaña, que quere mínima en 800 metros para os Europeos de Suecia. "Haberá moitos atletas para buscar a mínima", lembrou Mosquera.
Ademais, o concelleiro de Deportes avanzou que previo ao trofeo haberá este sábado (20:30 horas) unha charla-coloquio na Sociedade Nautilius (rúa Sanín, San Andrés). Baixo o título "Pasado, presente e futuro do atletismo feminino", a olímpica Estela Estévez e Carmela Cardama serán as encargadas de disertar sobre tan interesante tema. "Hai cen anos eran todos homes", apuntaba Soiedad Castro. Agora mandan as mulleres no club.
Tralos actos da fin de semana espera tamén unha andaina guiada polo montañeiro Sechu López o día 21, para localizar as diferentes sedes do club na parroquia, unha exposición fotográfica e varias accións máis que concluirán co Memorial Belarmino Alonso de cross na recta final do ano. "Queremos facer algo importante", insistiu Belarmino Alonso sobre a proba que pechará un ano de festa.
Descargar todas as imaxes