Pleno de constitución da nova Corporación municipal de Vigo
O Pleno de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celébrase o sábado 13 de xuño, ás 11 horas, no auditorio municipal. Os 27 corporativos xurarán ou prometerán o seu cargo para con posterioridade proceder á elección do próximo alcalde de Vigo.
O sábado, 13 de xuño, celebrarase o Pleno de constitución da nova Corporación municipal de Vigo e elección do alcalde, sesión que se celebrará no auditorio do Concello ás 11 horas .
Como marca a lei, formarase en primeiro lugar a mesa de idade que dirixirá o Pleno, integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade -neste caso Abel Caballero e Ana Laura Iglesias, respectivamente-, asumindo a presidencia da mesa o membro de máis idade. A mesa comprobará as credenciais presentadas coa certificación remitida ao Concello pola Xunta Electoral de zona.
A sesión continuará co xuramento ou promesa ao seu cargo mediante a fórmula legalmente prevista de acatamento á Constitución. Constituída a Corporación, formada por 27 membros -17 do PSOE, 7 do PP e 3 de Marea-, determinarase o sistema de votación para a elección do alcalde. Proclamaranse os candidatos á Alcaldía e os voceiros dos distintos partidos políticos poderán dispoñer, se así o desexan, dun turno de palabra para expoñer o seu programa de goberno.
A continuación procederase á elección do alcalde da cidade polos concelleiros e concelleiras, quen posteriormente prometerá ou xurará o seu cargo, entregándolle despois ao presidente da mesa o bastón de mando.
Descargar todas as imaxes