Xornadas para a comunicación: Os indianos e os seus gabinetes de curiosidades
O mércores 27, ás 18.00 horas terá lugar na sede do Museo Liste-Etnográfico de Vigo unha nova proposta dentro do programa "Xornadas para a comunicación"
Nesta ocasión Irene e Rodrigo Pérez Pintos,autores do libro "O gabinete das marabillas de Arxentino de Rocha Alemparte", falarannos dos gabinetes de curiosidades que a partir do século XVI comezaron a xurdir case como botín das grandes viaxes que daquela comezaron. Esta forma de coleccionismo foi a precursora dos modernos museos esbozando unha clasificación dos tesouros neles expostos nos tres reinos da natureza:animalia, vexetalia e mineralia.
Descargar todas as imaxes