O Concello xa tramitou 856 solicitudes ao Plan de Axudas a Familias, con 2 millóns de orzamento
Abel Caballero informou este mércores de que, a día de hoxe, un total de 856 presentaron a súa solicitude no Concello para optar ao Plan de Axudas extraordinarias a Familias, dotado con 2 millóns de euros para pagos de vivenda, enerxía e alimentación a aqueles que o precisan. O prazo está aberto ata o 9 de xuño.
O alcalde indicou que o goberno de Vigo atende ata 150 solicitudes cada día ata o 9 de xuño, e garantiu que, se é necesario, o prazo será ampliado para que ninguén quede sen presentar a súa solicitude.
Caballero recordou que, na anterior convocatoria, tamén dotada con 2 millóns de euros, o Concello de Vigo concedeu máis de 1.000 axudas para pagos de aluguer ou hipoteca, sobre 800 para abonar os subministros de enerxía e máis de 600 para comprar alimentación e produtos de primeira necesidade en tarxetas tipo bancarias.