O goberno de Vigo eleva a protección do complexo dunar e areal do Vao
Abel Caballero informou este martes da redaccción, que pasou pola Xunta de Goberno Local, do Plan de Conservación do Complexo Duna e Areal do Vao de cara á aprobación definitiva deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Este instrumento, explicou o alcalde, eleva o grao de protección do entorno dunar e areal, compatible co uso recreativo e náutico da praia.
O rexedor vigués apuntou que a aprobación do ENIL non conlevará ningunha restricción á actividade recreativa ou náutica no Vao, que si significa un aumento da protección medioambiental para continuar coa recuperación das dunas.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén acordou o nomeamento interino de 12 traballadores para exercer de porteiros noutros tantos centros educativos de Vigo, por un periodo de seis meses, que se engaden aos tres xa contratados anteriormente. Abel Caballero valorou do goberno que encabeza a "forte dedicación ao ensino e ao ensino público" en particular.