xoves, 28 maio 2015

O Concello inicia cunha campaña informativa os plans de tráfico específicos para colexios

O goberno local lanzou unha campaña de información aos pais e nais do novo plan de tráfico deseñado para os colexios. O alcalde detallou que se reservan de media dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. O 1 de xuño comeza de xeito experimental en catro centros e noutros nove arrancará o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.

Curso de escritura creativa "Obradoiro literario Aliteraclara" de Normalización lingüística

xoves, 28 mai 2015

A concellería de Normalizacion lingüística Continua programando obradoiros de esccrita creativa pola nosa cidade. Nestes obradoiros, impartidos por Clara do Roxo, teremos oportunidade de desenfrear a nosa imaxinación, creación, invención... aprendendo técnicas para elaborar textos propios.O curso será no Verbum todos os mércores do mes de xuño (3,10,17e 24) de 17.30 a 20.00 horas.