Escoitar

Trescentos alumnos de 6 centros de Vigo participaron na Quedada Literaria de Castrelos

O alcalde achegouse esta mañá á Quedada Literaria organizada en Castrelos para nenos de entre 4 e 18 anos. Preto de trescentos alumnos de seis centros da cidade participaron nesta homenaxe á lectura.

xoves, 28 mai 2015
1432814587quedada.JPG
Trescentos nenos e nenas de entre 4 e 18 anos participaron esta mañá na Quedada Literaria organizada en Castrelos. Trátase, dixo Caballero en declaracións aos medios, dunha homenaxe á lectura, ao libro e ás bibliotecas escolares, quen abogou por ampliar esta iniciativa para convertila nunha "grande" festa da literatura galega.

Xunto co Concello, os centros organizadores son Ceip Frián Teis, Chouzo, Ría de Vigo, Pombal, Carrasqueira, IES Castro, ademais da biblioteca Neira Vilas.
Descargar todas as imaxes