Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 28 mai 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 29 DE MAIO DE 2015.


1.- Actas das sesións extraordinarias e urxentes do 12 e do 14 de maio, e da sesión ordinaria do 15 de maio de 2015.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas para a organización do acto de apertura do "Festival poético-piromusical Cidade de Vigo-Vila de Bouzas 2015". Expte. 5988/335.

3.- Proxecto de convenio de colaboración coa Sociedade Ulisesproyect Eventos Especiales para a organización da XV Edición de "O Marisquiño". Expte. 5991/335.

DEPORTES
4.- Proxecto de convenio para a adxudicación dunha subvención a favor de Susana Rodríguez Gacio pola dinamización do Proxecto Deportivo "Obxectivo xogos Paralímpicos Río de Janeiro 2016". Expte. 14066/333.

5.- Proposta de autorización para a organización do "VII Maratón Infantil de Coia" o vindeiro 31.05.15. Expte. 13920/333.

LIMPEZA
6.- Revisión de prezos do contrato do Servizo de Contenerización, recollida e transporte a recicladores autorizados dos residuos sólidos urbanos reciclables, do Concello de Vigo. Expte. 4987/252.

MEDIO AMBIENTE
7.- Proxecto de convenio con "Cruz Vermella Española" de asistencia sanitaria de primeiros auxilios e transporte sanitarios en determinados areais do termo municipal de Vigo para o ano 2015. Expte. 10938/306.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
8.- Proposta desestimatoria de recurso de reposición interposto pola Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" contra denegación de subvención solicitada pola Federación referida. Expte. 6927/320.



RECURSOS HUMANOS
9.- Execución da Sentenza nº 200/15, do 22 de abril, dictada pola Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 5ª) no proced. Abreviado 15/2015 (nº persoal 15912). Expte. 26649/220.

10.- Dar conta das seguintes resolucións:

a) Autorización de horas para o persoal do servizo de Parque Móbil para os meses de abril, maio e xuño 2015. Expte. 26498/220.

b) Autorización de horas ao servizo de Turismo. Expte. 26597/220.

c) Xubilación voluntaria do empregado municipal D. Emilio Aira Pereiro, con efectos de data 31/05/2015. Expte. 26631/220.

SERVIZOS XERAIS
11.- Proposta de aprobación do proxecto técnico de "reparación de muro na traza do Canal de Eiras, Camiño Condesa Torrecederia, Cedeira, Redondela". Expte. 3246/440.

12.- Expediente de contratación da execución das obras do Proxecto de "Estabilización do noiro do camiño da Lagoa en Teis". Expte. 3175/440.

13.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de maio de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 27 de maio de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.