luns, 10 mar 2014
A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 4 e o 8 de xuño.
venres, 7 mar 2014
Carmela Silva e Cayetano Rodríguez presentaron xunto a Lola Correa, directora artística do Festival, a décimo terceira edición do Festival, que se celebrará do 13 ao 16 de marzo en distintos espazos municipais. O Concello colabora co ALT desde o seu inicio hai trece anos.
xoves, 6 mar 2014
O Concello de Vigo, mediante o departamento de Cultura e Festas, colabora no concerto de Damien Jurado, que terá lugar o venres 7 de marzo, ás 21:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), organizado por Categórica Produccións.
xoves, 6 mar 2014
Esta fin de semana péchase no MARCO unha fase do ciclo ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine que se ven desenvolvendo en paralelo á exposición VERANEANTES, cunha actuación conxunta de Fon Román e Pablo Fidalgo, e un concerto de Fon Román, ambos os dous no salón de actos.
xoves, 6 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o responsable de ACOPOVI, Enrique Lorenzo, presentaron hoxe xoves a oitava edición do Festival de Habaneiras e Polifonía Cidade de Vigo, que se traslada ao Auditorio Mar de Vigo. 39 corais actuarán de balde do 9 de marzo ao 1 de xuño e o goberno local disporá un servizo especial de autobuses.
venres, 28 feb 2014
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", organizan do ENTROIDO 2014, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 28 con murgas e charangas polo centro da cidade e os tradicionais "merdeiros" polo barrio histórico, a partir das 19:00 h; ás 19:30 h, a Escola Municipal de Teatro realizará na praza da Constitución o espectáculo manipulación. Ás 20:00 h, terá lugar a "Entronización do Meco" na Porta do Sol, para continuar ás 20:30 h co pregón, a cargo de Vigópolis.
xoves, 27 feb 2014
Esta fin de semana continúa no Patio 1 do MARCO o ciclo ‘Material Memoria’ con dúas propostas escénicas. O venres, nova presentación de ‘O estado salvaxe. Espaha 1939’, de Pablo Fidalgo Lareo —estreada durante a inauguración da exposición VERANEANTES e que marcou o inicio do ciclo en outubro— e o sábado, lectura de poemas comentada de Olga Novo, baixo o título ‘Intrahistoria dos meus’.
xoves, 20 feb 2014
O venres 21 de febreiro, ás 22:00 h, o grupo Love of Lesbian actuará no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo, retomando o concerto previsto no programa Vigo en Festas que fora suspendido o pasado 26 de xullo polo accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela. Así os e as fans dunha das bandas máis de moda no panorama indie actual poderán gozar do esperado concerto.
xoves, 20 feb 2014
O vindeiro 21 de febreiro celebrarase a tradicional comida homenaxe a Laxeiro en Vigo. Como ven sendo habitual, ese día reuniranse amigos de Laxeiro e persoeiros da cultura, a política e o mundo empresarial para lembrar ao singular artista o día no que cumpriría 106 anos. A coincidencia do 23 de febreiro, a data do nacemento de Laxeiro, en domingo, fixo que se adiantara a celebración deste emotivo acto ao venres, 21 de febreiro
Este xoves e venres, dentro do ciclo ‘Material Memoria’ Montserrat, de Gabino Rodríguez [Lagartijas tiradas al sol]<br />
E o sábado, proxección da película Los mejores temas, de Nicolás Pereda
mércores, 19 feb 2014
Este xoves e venres, o mexicano Gabino Rodríguez (da compañía Lagartijas tiradas al sol) chega a Vigo para presentar a súa obra Montserrat, unha proposta escénica que se enmarca no ciclo ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Ao día seguinte, sábado, o programa continúa coa proxección do filme Los mejores temas, de Nicolás Pereda, una coprodución de México, Canadá e Países Baixos, na que o propio Gabino Rodríguez encarna a un dos protagonistas.