mércores, 30 xul 2014
A popular cantante madrileña abarrotou o Auditorio de Castrelos de Vigo, o cal segundo fontes da policía local rexistro un cheo histórico, superando os 30.000 espectadores.
martes, 29 xul 2014
Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:<br />
AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).<br />
martes, 29 xul 2014
Malú, a popular "coach" de "La Voz" e "La Voz Kids" e a indiscutíbel voz do pop español actúa en Vigo o martes 29 de xullo,ás 22:30 horas, en Castrelos presentando a súa xira "Sí" cunha espectacular montaxe visual. A popular cantante presenta o seu novo traballo ademais de facer un repaso polos éxitos cos que leva triunfando desde que comezou a súa carreira, con tan só 15 anos.
xoves, 24 xul 2014
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron a programación da Festa da Cultura que se celebrará os días 24,25 e 26 na Porta do Sol a na rúa do Píncipe. Os obradoiros para nenos súmanse ás máis de 25 actuacións de baile e música previstas, co colofón dos concertos de grupos nacionais e internacionais
xoves, 24 xul 2014
A Agrupación Fotográfica Galega organiza, un ano máis, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo en Festas, a XIX edición do Maratón Fotográfico. A cita terá lugar o día 2 de agosto ás 21.00 horas cunha duración de 24 horas. Os participantes deberán aboar 10 euros en concepto de inscripción.
mércores, 23 xul 2014
A Coral Casablanca e Orquestra ofrecerá un concerto o xoves día 24 ás 23:00 horas no auditorio de Castrelos con entrada libre ata completar aforo. O concerto titulado "Cruzando Pontes" forma parte do programa de "Vigo en Festas 2014"
martes, 22 xul 2014
O auditorio do parque de Castrelos acolle o mércores 23 de xullo ás 21 horas o VII Festival de Orfeóns de ACOPOVI dentro do programa de "Vigo en Festas 2014". Trátase dun espectáculo lírico das corais de Vigo; a entrada é libre ata completar aforo.
venres, 18 xul 2014
O Concello colabora na segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum (Avenida de Samil, 17), entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.
xoves, 17 xul 2014
O Concello de Vigo e os organizadores de O MARISQUIÑO teñen programado unha ampla axenda cultural que se desenvolverá paralelamente á celebración do evento de cultura urbana máis importante de España. O rexedor destacou que nos días 8, 9 e 10 de agosto a cidade volverá a ser un referente europeo neste ámbito.
luns, 14 xul 2014
O Concello ten á venda desde hoxe luns as entradas para os concertos de Malú e de Jamie Cullum, que terán lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos os días 29 de xullo (22:30 h) e 8 de agosto (23:00 h), respectivamente, e que se inclúen no programa VIGO EN FESTAS 2014.