Escoitar

A Coral Casablanca presentoulle ao alcalde o seu tradicional Concerto de Nadal

O director da formación musical, Óscar Villar, e o rexedor vigués, Abel Caballero, mantiveron este luns unha reunión para pasar revisión á actividade da Coral na cidade, entrevista na que lle presentaron o 57º Concerto de Nadal, no Auditorio Mar de Vigo este sábado, 20 de decembro, ás 20:30 horas.

luns, 15 dec 2014
1418648633coral.JPG
Caballero explicou que a deste luns foi unha das reunións periódicas para manter contacto da marcha da Coral Casablanca e da súa nova fundación, ademais de pasar revisión á súa actividade cultural, como o concerto celebrado a pasada fin de semana en Bouzas ou a tradicional cita de nadal para o próximo sábado.
Descargar todas as imaxes